logo sustentas

logo sustentas

domingo, 31 de diciembre de 2017

EMPEZAMOS COS RETOS

Algo que temos moi abandonado eran os retos de investigación. Deixamos o primeiro que podemos pensar que abarca todo o primeiro trimestre do curso. Xa sabedes, a espremer ben o cerebro para resolvelo botando man dos recursos da web.
Preme aquí para visualizalo.


RESULTADOS PRIMEIRO TRIMESTRE

Agora xa rematado o trimestre podemos ver que en secundaria o traballo de recollida de datos de pesada estase a descuidar un pouco porque aínda non enviaron resultados. Pola contra, en infantil e primaria houbo unha serie de aulas que se tomaron moi en serio a recollida e están a levar a cabo un control sistemático mensual que se reflicte nos resultados que vos paso a amosar. Atención a 1º B e 4ºB que parecen tomar distancia.


TRABALLO DE 2º PRIM-A CON MATERIAL DE RECICLAXE

Tamén Laura Cabarcos traballou durante este trimestre cos seus alumnos a alumnas de 2º prim-A diversos aspectos do currículo que relacionou coa reciclaxe. Aquí vos deixo testemuña gráfica.







O NADAL E A RECICLAXE

Despois chegou o Nadal e María volveu a traballar cos mesmos rapaces motivos propios destas festas. O resultado foi igual de positivo.






HALLOWEEN E A RECICLAXE

Cronolóxicamente, alá polo mes de novembro María Sánchez botou man da reciclaxe para fabricar co alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria diversos obxectos característicos do Samaín. Mirade que ben lle quedaron.








CAMPAÑA RECICLAXE 2017-2018

Como puidestes comprobar este inicio de curso 2017-18 non houbo moita actividade no blog. Por razóns profesionais tiven que reducir o ritmo de publicacións...
Non obstante NON ABANDONAMOS EH¡¡¡¡
Espero que a partir de agora a situación se vaia normalizando.
Así que imos empezar polo principio...co cartaz do inicio da campaña...aínda que sexa con 3 meses de retraso, ja ja.

viernes, 23 de junio de 2017

PREMIO FINAL PARA ETAPA DE SECUNDARIA

Como soe ser tradición despedimos a campaña 2016-17 coa saída que lle organizamos aos gañadores en secundaria.
Como este ano a cousa foi moi parella entre 3 clases decidimos levar ás tres (2ºA, 2ºB e 3ºB) a gozar dunha mañá de xogo e diversión na remodelada piscina municipal de San Sadurniño.
Un marco espectacular para despedir outro ano máis colaborando coa reciclaxe.
Aquí vos deixo varias imaxes que dan fe do bo ambiente que gozamos na mañá do xoves 22 de xuño.
Noraboa aos gañadores e ide cargando "pilas" para o ano que vén.





ENTREGA DE PREMIOS EN INFANTIL

Una xornada preciosa o día que se lle entregou aos nenos e nenas de infantil o seu premio por participar tan activamente na campaña da reciclaxe.
Subiron ao podio para recoller a súa medalla de CHOCOLATE e recibiron os aplausos de compañeiros, profes, pais, nais...
Aquí os podedes ver todos cheos de razón, ja ja





A expectación creada foi enorme ;-)

ULTIMAS ACCIÓNS EN INFANTIL

Remata o curso e onde se detectou máis actividade foi na etapa de infantil. A verdade é que coa excusa da reciclaxe sempre que poden programar actividades relacionadas que permitan traballar o cálculo, as habilidades artísticas e plásticas...
Aquí vos deixamos algunhas mostras en imaxes para que o comprobedes






OS CAMPIÓNS DE PRIMARIA

A clase de María José Vidal (2ºA) foi moi constante ao longo de todo o curso e ao final proclamouse campiona absoluta na etapa de primaria.
Parabéns a todos eles.




domingo, 11 de junio de 2017

RESULTADOS FINAIS DA CAMPAÑA

Rematamos outro curso máis coa campaña de reciclaxe no centro.
Como autocrítica podemos apuntar que caemos un pouco na rutina e perdeuse un pouco de entusiasmo na recollida.
Non obstante algunhas clases seguiron a participar con moito interese e grazas a eles mantivemos un volume de recollida de material moi salientable.

Entre o achegados nesas clases e as entradas de material externas podemos redondear os números e dicir que:
-En TAPÓNS seguimos a un nivel espectacular, con preto de 1 TONELADA RECOLLIDA.
-En PILAS chegamos a uns 70 kg. 
-En CARTUCHOS, uns 50.
-E finalmente en ACEITE USADO DE COCIÑA, coa incorporación de novos recipientes CLAKIS na parte final da campaña, chegamos a uns 250kg, o cal está moi ben tendo en conta as circunstancias.

Os gañadores esta campaña 2016-2017 son os seguintes:
-Toda a etapa de infantil polo súa responta continua durante todo o ano-
-A clase de 2ºA de PRIMARIA por ser a que levou un reconto máis constante.
-As clases de 2ºA, 2ºB e 3ºB EN SECUNDARIA, polas súas importantes achegas, principalmente de tapóns.

Noraboa a todos eles e ánimos para seguir con esta liña durante o curso que vén.

martes, 6 de junio de 2017

RAP DA RECICLAXE

Este curso contamos coa colaboración especial de Clara, a profesora de música, que creou xunto cun rupo de alumnos e alumnas de 2ºESO un rap específico para a nosa campaña. A verdade é que non quedou nada mal. Botádelle unha ollada, ao mellor ata vos marcades uns pasos ;-)



Grazas a todos os que colaborastes por darlle un punto diferente á campaña.

martes, 17 de enero de 2017

RETO DE XANEIRO


Ímonos poñendo ao día...aquí tedes o reto para este mes de xaneiro. Preme aquí para velo.

lunes, 16 de enero de 2017

VOCES TERMANDO DA PAISAXE GALEGA

A escritora e bióloga Marilar Aleixandre ingresou na Real Academia Galega o pasado 14 de xaneiro cun discurso titulado Voces termando da paisaxe galega.

Pretendo hoxe dar a palabra ás voces que terman da paisaxe galega. Escoitar tanto as da materia prima, en linguaxe científica, como as da ollada literaria. Esta ollada é tan relevante que, como pescudou Antón Santamarina, a primeira en utilizar a palabra "paisaxe" é Rosalía de Castro no prólogo de Cantares gallegos. As voces todas concordan nunha advertencia: Termade da paisaxe!
Marilar Aleixandre, Voces termando da paisaxe galega.