Remata o trimestre e parece que a cousa vai funcionando. A ver se á volta aínda seguen coas mesmas gañas. Para pechar capítulo fxen unha rolda de recoñecemento polas clases de ESO e a conclusión é que as do primeiro ciclo estano tomando moi en serio. Están traendo moito material e poñen moito énfase na recollida. Xa todas as clases excepto a de 4ºA pesaron pilas ou tapóns para levalos ao PLI.
Os resultados son os seguintes:
Material
|
1ºA
|
1ºB
|
2ºA
|
2ºB
|
3ºESO
|
4ºA
|
4ºB
|
4ºPDC
|
Pilas
|
7,9 kg
|
5 kg
|
13,2 kg
|
10,8 kg
|
1,8 kg
|
|||
Tapóns
|
1,7kg+
1,45kg
|
1kg+
7,7kg+
1,8kg
|
3kg+
11kg
|
7,7kg+
9,1kg
|
0,2 kg
|
3kg
|
3,15kg
|
|
Cartuchos
|
24u.
|
6u.
|
Aos cales hai que engadir outros 25 kg de tapóns que non trouxeron os alumnos.
Para levar só unha semana e media traendo material non está nada mal.
Para levar só unha semana e media traendo material non está nada mal.
Tamén estiven polas aulas a ver como fora o dos deseños dos reciclabotes e hai de todo. Hainos orixinais, convencionais, inexistentes...
Os de 4ºB son moi ordenadiños...mirade como teñen o seu punto limpo na clase
Os de 4ºA non o teñen tan ordenadiño pero está máis cheo...agora tocará baleirar.
Por outra banda hoxe xoves 17 baleirei os clakis de
aceite nos contedores xerais do PLEX porque nos estamos quedando sen clakis
limpos para levar. Foi unha experiencia algo desalentadora con 5 alumnos de
reforzo de matemáticas de 1º de ESO pero aprenderán...
Agora temos máis de 100 kg de aceite almacenado
nos bidóns pero non poderemos mandalo ao centro de reciclaxe ata a volta de
vacacións.
Os contedores de aceite exteriores, da empresa
DIVISIÓN VERDE (Procesadora Gallega de Alimentos) son os que podedes ver na
foto, e témonolos xunto aos contedores de orgánicos, ao lado da cociña, nun recinto
pechado por motivos hixiénicos e de seguridade. Teñen unha capacidade duns 40 kg de aceite cada un.