logo sustentas

logo sustentas

domingo, 22 de abril de 2018

OS RAPACES DE INFANTIL DESCOBREN O MUNDO "CLAKI"

Da man da súa mestra Isabel, os nenos e nenas de 6º infantil están a traballar arredor da reciclaxe do aceite usado de cociña. "Claki", ese entrañable personaxe que nos anima a darlle ao aceite usado outro final máis proveitoso, volve a estar de actualidade.
Bravo por eses pequenos que nos lembran outra vez o importante que é coidar o medio ambiente.
Mirade que chula lles quedou a porta que nos convida a entra no mundo "Claki".




domingo, 25 de marzo de 2018

RESULTADOS RECOLLIDA 2º TRIMESTRE

Desde decembro temos poucos datos rexistrados. Só 4 aulas, 3 de primaria e 1 de secundaria, actualizaron os seus datos. Son os seguintes:


NOVO RETO TRIMESTRAL


Xa temos aquí o segundo reto de preguntas encadeadas para resolver no que queda de curso.
Fai clic aquí para velo.

domingo, 31 de diciembre de 2017

EMPEZAMOS COS RETOS

Algo que temos moi abandonado eran os retos de investigación. Deixamos o primeiro que podemos pensar que abarca todo o primeiro trimestre do curso. Xa sabedes, a espremer ben o cerebro para resolvelo botando man dos recursos da web.
Preme aquí para visualizalo.


RESULTADOS PRIMEIRO TRIMESTRE

Agora xa rematado o trimestre podemos ver que en secundaria o traballo de recollida de datos de pesada estase a descuidar un pouco porque aínda non enviaron resultados. Pola contra, en infantil e primaria houbo unha serie de aulas que se tomaron moi en serio a recollida e están a levar a cabo un control sistemático mensual que se reflicte nos resultados que vos paso a amosar. Atención a 1º B e 4ºB que parecen tomar distancia.


TRABALLO DE 2º PRIM-A CON MATERIAL DE RECICLAXE

Tamén Laura Cabarcos traballou durante este trimestre cos seus alumnos a alumnas de 2º prim-A diversos aspectos do currículo que relacionou coa reciclaxe. Aquí vos deixo testemuña gráfica.







O NADAL E A RECICLAXE

Despois chegou o Nadal e María volveu a traballar cos mesmos rapaces motivos propios destas festas. O resultado foi igual de positivo.






HALLOWEEN E A RECICLAXE

Cronolóxicamente, alá polo mes de novembro María Sánchez botou man da reciclaxe para fabricar co alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria diversos obxectos característicos do Samaín. Mirade que ben lle quedaron.








CAMPAÑA RECICLAXE 2017-2018

Como puidestes comprobar este inicio de curso 2017-18 non houbo moita actividade no blog. Por razóns profesionais tiven que reducir o ritmo de publicacións...
Non obstante NON ABANDONAMOS EH¡¡¡¡
Espero que a partir de agora a situación se vaia normalizando.
Así que imos empezar polo principio...co cartaz do inicio da campaña...aínda que sexa con 3 meses de retraso, ja ja.

viernes, 23 de junio de 2017

PREMIO FINAL PARA ETAPA DE SECUNDARIA

Como soe ser tradición despedimos a campaña 2016-17 coa saída que lle organizamos aos gañadores en secundaria.
Como este ano a cousa foi moi parella entre 3 clases decidimos levar ás tres (2ºA, 2ºB e 3ºB) a gozar dunha mañá de xogo e diversión na remodelada piscina municipal de San Sadurniño.
Un marco espectacular para despedir outro ano máis colaborando coa reciclaxe.
Aquí vos deixo varias imaxes que dan fe do bo ambiente que gozamos na mañá do xoves 22 de xuño.
Noraboa aos gañadores e ide cargando "pilas" para o ano que vén.